martes, 27 de marzo de 2012

LATÍN II E GREGO II: ASUNTOS VARIOS (IMPORTANTE)!

Ola, lémbrovos que mañá teremos unha hora de Latín e máis unha hora de Grego. Na hora de Latín lembrade que temos que facer o exame de lírica. 
Un saúdo.

domingo, 25 de marzo de 2012

LATÍN II: EXAME DE LÍRICA LATINA

Lémbrovos que o vindeiro mércores 28 de marzo teremos o exame de Lírica Latina. Achégovos a proba con este correo.
Un saúdo.

xoves, 22 de marzo de 2012

LATÍN II: CUESTIONARIO LÍRICA LATINA: CATULO

Xa podedes realiza-lo cuestionario da lectura da lírica latina. Este cuestionario estará dispoñible ata o domingo ás 12 hs.




domingo, 4 de marzo de 2012

LATÍN II: MATERIAL DE LÍRICA LATINA

Con este correo achégovos os poemas de Catulo que tedes que ler e máis a guía de lectura. Lembrade que os poemas para lerdes son os números 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8 e 11. Na edición que vos mando cada poema ten dous números, o que vale é o que está entre paréntese. Explicaremos este último apartado de literatura latina mércores 7 na 2ª hora de clase, e non xoves 8 como (supoño) tedes apuntada na axenda.

Un saúdo.