xoves, 2 de xuño de 2011

CCL: ACTIVIDADE 004 JCLIC

  • ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN:
      • ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN SIMPLE.
      • ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN COMPLEXA.
      • ACTIVIDADES DE EXPLORACIÓN
      • ACTIVIDADE DE INDENTIFICACIÓN

    • ACTIVIDADE FINAL:
      • Os/as alumnos elaboraran un novo proxecto chamado proxecto_004_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_004_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
        • act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 04 jclic xogos de asociación e exploración.
        • act_001: ACTIVIDADE DE EXPLORACIÓN: nesta actividade os/as alumnos/as asociarán a cada unha das principais familias de linguas indoeuropeas, unha serie de linguas modernas que pertenzan a esa familia. O obxectivo desta actividade é que os/as alumnas poidan ir asociando as familias indoeuropeas coas linguas que pertencen a elas.
        • act_002: ACTIVIDADE DE ASOCIACIÓN SIMPLE. Esta actividade consistirá en dous paneis. No panel A aparecerá coma mínimo o nome de 4 familias de linguas indoeuropeas (a saber, CELTAS, XERMÁNICAS, ESLAVAS, LATINAS, INDO-IRÁNIAS, etc.). No panel B aparecererán, en cada cadro, polo menos, tres linguas de cada unha destas familias. Para isto hai que repasa-la lección 1ª. Cada uin dos cadros do panel A deberá estar relacionado cun do panel B.
        • act_003: ACTIVIDADE DE ASOCIACIÓN COMPLEXA. Nesta actividade, no panel A, que debe ter, polo menos, dez cadros, aparecerán o nome de dez linguas indoeuropeas modernas. No panel B, como moito, poderán aparecer catro nomes de familian de linguan indoeuropeas. Os/as alumnos/as terán que ir facendo a asociación correspondente.
        • act_004: ACTIVIDADE DE IDENTIFICACIÓN: nesta actividade o panel debe conter o nome de seis linguas modernas, 5 delas indoeuropeas e unha non indoeuropea. O obxectivo desta actividade é identifica-la lingua non ie.
      • Tódalas actividades deben conter:
        • mensaxe inicial
        • mensaxe de erro
        • mensaxe final.
  • MOI IMPORTANTE: pódese mellora-lo deseño das actividades con imaxes ou audios que teñan relación cos contidos (monumentos representativos dos países onde se fala unha lingua determinada, o himno dese país, etc.) e que se poden incorporar coma contidos alternativos, segundo se viu na clase.
  • ENTREGA: por correo electrónico.
  • DATA DE ENTREGA: mércores 08 de XUÑO.
  • Ningún comentario: