xoves, 19 de maio de 2011

CULTURA CLÁSICA: ACTIVIDADE DE XOGO DE MEMORIA E SOPA DE LETRAS

XOGOS DE MEMORIA  E SOPAS DE LETRAS:
  • ACTIVIDADE FINAL:
    • Os/as alumnos elaborarán un novo proxecto chamado proxecto_003_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_003_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
    • act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 03 jclic xogos de memoria e sopas de letras.
    • act_001: XOGO DE MEMORIA
      • un mínimo de 6 cadros no panel.
      • a relación debe establecerse entre unha imaxe do mundo clásico e o nome da cidade ou monumento correspondente.
      • a actividade debe conter:
        • mensaxe inicial
        • mensaxe de erro
        • mensaxe final.
    • act_002: SOPA DE LETRAS.
      • Esta actividade conterá unha sopa de letras nos que se teñan que buscar os seis nomes utilizados na act_001, e onde irán aparecendo as imaxes correspondentes cando se marque a palabra correspondente na sopa. Se se quere pódense utilizar outras imaxes e nomes distintos aos da act_001, pero sempre referidos ao mundo clásico.
      • a actividade debe conter:
        • mensaxe inicial
        • mensaxe de erro
        • mensaxe final.
    • En ambalasdúas actividades os contadores de tempo, intentos, etc. estarán dispostos ao gusto do/a alumno/a, pero tendo en conta que deben ser unha programación que permita realiza-la actividade.
    • MOI IMPORTANTE: os/as alumnas poden, se queren, utiliza-las imaxes que se empregaron para a actividade que se fixo na clase o mércores 18 de maio.
    • ENTREGA: por correo electrónico.
    • DATA DE ENTREGA: mércores 25 de maio.

Ningún comentario: