domingo, 24 de abril de 2011

LATÍN II: PLANIFICACIÓN FINAL DE CURSO

A planificación para o fin de curso de Latín II é a seguinte:
  • CLASES DE RECUPERACIÓN: en principio o xoves 28 teremos clase pola tarde para recuperármo-las horas da semana do 11 ao 15 de abril.
  • MORFOLOXÍA: o primeiro que faremos a semana do 26 ao 29 de abril será remata-la morfoloxía e sintaxe pendente. O exame final de morfoloxía e relectio está marcado para luns 23 de maio. Sen embargo non descarto a posibilidade de ofrece-la posibilidade de facer este exame antes de modo voluntario.
  • LITERATURA: está pendente realiza-lo exame de lírica, que tiña como data marcada venres 29 de abril, pero que pode ser modificada (ou 28 pola tarde, ou 2 de maio no recreo).
  • TEXTOS: 
    • os martes 03, 10 e 24 de maio hanse realizar exames de textos de Eutropio seguindo o modelo da proba da PAAU. Estas probas son exames que serán tidos en conta á hora de establece-la cualificación da avaliación.
    • Ademais destes exames, segundo se vaia desenvolvendo o traballo en clase nestas últimas semanas, non descarto poñer máis probas deste tipo.
    • RELECTIO: a proba de relectio hase facer xunto coa proba de morfoloxía do día 23 de maio. Sen embargo, non descarto ofrece-la posibilidade de facer esta proba antes de modo voluntario.
  • LECTURAS: durante a semana do 26 ao 29 de abril recolleránse as preguntas que acompañaban á lectura das fábulas de Fedro, e que se tiñan que recoller mércores 13 de abril. Este é o último traballo deste apartado. Dos libros restantes de Fedro hásevos entrega-lo material de lectura (texto e test), pero non será obrigada a súa entrega.

Ningún comentario: