xoves, 28 de outubro de 2010

CCL: PROBA PRÁCTICA DE USO DO IMPRESS

O vindero mércores, 3 de novembro, habemos explica-lo uso das notas nunha presentación, algunhas cousas sobre os fondos, etc. e repasaremos rapidamente todo o visto ata agora no IMPRESS para pasarmos, se hai tempo, á explicación do uso do SLIDESHARE. 

O mércores 10 de novembro faremos unha proba práctica na aula sobre o uso do IMPRESS, para que demostréde-lo que aprendestes na clase. A proba consistirá no seguinte:
  • antes do mércores 10 de novembro elaboraredes unha presentación básica no modo esquema, cos contidos vistos na aula sobre Roma. O nome do arquivo será PROBA_IMP_(O VOSO NOME). Este arquivo debe ter, polo menos, 4 diapositivas (cantas máis mellor), pero só texto.
  • subiredes esta presentación ó cartafol PROBA_IMPRESS no cartafol CCL de BSCW.
  • O mércores 10 de novembro, na aula, baixaredes este arquivo e na aula engadiredes, polo menos:
    • un esquema inicial con figuras e frechas
    • ligazóns internas, que leven dende esas figuras á diapositiva na que se desenvolven eses contidos.
    • cada páxina debe ter, polo menos, unha ligazón interna para volver ó esquema inicial. 
    • ligazóns externas, que leven a páxinas que dean máis información ou a mapas.
  • Unha vez rematado o exercicio, volveredes subi-lo arquivo ó cartafol de BSCW.


mércores, 27 de outubro de 2010

CCL: Material para clase de mércores 27 de outono de 2010

  • Intruccións:
    • Baixa-lo arquivo que se achega.
  • Aprenderemos a:
    • Copiar e pegar figuras.
    • Crear ligazón internas.
    • Crear ligazóns externas.
  • Ó remate da clase:
    • Subiremo-lo arquivo ó cartafol compartido en BSCW > Cultura Clásica > PROBA 04.

martes, 26 de outubro de 2010

CCL: TAREFA 26-10-2010

Ola,
pinchade nesta ligazón (aquí) para irdes ó foro de departamente e facerdes esta actividade sobre un dos contidos tratados na clase de hoxe, martes 26 de outono.

xoves, 21 de outubro de 2010

CULTURA CLÁSICA: TAREFA DA CLASE DE MÉRCORES 20 DE OUTUBRO

Lembrade que a tarefa que vos puxen o mércores 20 de outubro foi a seguinte:

*facerdes unha presentación que teña unha soa diapositiva

*nesa diapositiva tedes que facer un esquema coas ideas fundamentais do lido na clase sobre Grecia.

*Tedes que utiliza-los recursos que vimos na clase (figuriñas, frechas, conectores, etc.).

É importante que sexades creativos/as e, a poder ser, que o resultado do voso traballo sexa visualmente atractivo (ou agradable).

Ó arquivo da actividade chamarase "proba003"e o voso nome.

Tédelo que subir ó cartafol compartido de BSCW, onde atoparedes un novo cartafol que se chamará PROBA003.

A data tope é luns 25 de outubro (incluído).

martes, 12 de outubro de 2010

GREGO I: DATAS DOS EXAMES DA 1ª AVALIACIÓN

As datas dos exames da 1ª avaliación son as seguintes:

  • Xoves 4 de novembro de 2010: 1ª parte control: morfoloxía.
  • Luns 8 de novembro de 2010: 2ª parte control: traducción e análise sintáctica e morfolóxica.

  • Venres 10 de decembro de 2010: 1ª parte exame 1ª avaliación: morfoloxía.
  • Luns 13 de decembro de 2010: 2ª parte exame 1ª avaliación: traducción e análise sintáctica e morfolóxica.

venres, 8 de outubro de 2010

LATÍN II: MODIFICACIÓN DATAS EXAME DA 1ª AVALIACIÓN

As datas definitivas do segundo exame da 1ª avaliación son:

Morfoloxía e relectio: martes 14 de decembro de 2010.
Traducción e preguntas do mundo clásico: mércores 15 de decembro de 2010.

LINGVA LATINA I: DIES AD PERICVLA FACIENDA

Cari discipuli,

hoc memoriâ tenete:
dies ad pericula primae partis cursus facienda sunt:

primum periculum: 03-11-2010 (prima pars) et 05-11-2010 (secunda pars)
secundum periculum: 14-12-2010 (prima pars) et 15-12-2010 (secunda pars).

Valete.

xoves, 7 de outubro de 2010

LINGVA LATINA I : PERICVLVM CAPITVLI PRIMI EX FAMILIA ROMANA

Cari discipuli,

hoc memoriâ tenete: proximo Mercuri die (13-10-2010) primum periculum capituli primi ex libro faciemus. Hoc periculum constat ex his exercitibus: PENSIS A, B et C (in paginis XI et XII).

(Lembrade que o exame da lección primeira do libro farémolo o vindeiro mércores, 13 de outubro. Esta proba constará dos exercicios PENSVM A, B e C das páxinas 11 e 12 do libro de texto.)

CCL: TAREFA PARA MÉRCORES 13 DE OUTUBRO

1. Tedes que descargar e instala-lo conxunto de programas de OPENOFFICE nos vosos ordenadores de casa.

2. Tedes que facer unha presentación co IMPRESS que teña, coma mínimo, dúas diapositivas nas que desenvolvades un esquema (como se viu na clase). Se algún de vós quere engadir algo máis pode e debe face-lo. Tamén sería de agradecer que o contido do esquema tivese que ver co visto na clase.

3. A presentación chamarase TRABALLO_001_X (no canto do X que cada un poña o seu nome).

4. Mandaredesme a presentación coma achega cun correo ó departamento.

Aproveito tamén para vos lembrar que para mércores tamén tedes que ter feita a redacción, ben directamento no foro, ben no voso blog posteando a ligazón no blog.

Se tedes calquera dúbida ou atranco utilizade o correo.

martes, 5 de outubro de 2010

CULTURA CLÁSICA: REDACCIÓN (1º TRABALLO)

Como se dixo na clase, tedes que facer unha redacción sobre un destes temas:

1. Que sei sobre Grecia.
2. Que sei sobre Roma.

A redacción debe ter, polo menos, 500 palabras e debe ser feita no foro ou ben no blog que teñades cada un. Se optades por esta segunda posibilidade, lembrade que debedes "postear" no foro a ligazón ó voso blog.

A data tope para que estea colgada é martes día 12 de outubro. Se algún de vós ten algún atranco, pode entrega-la redacción a man na clase de mércores 13 de outubro.

De novo lembrade que máis importante cós contidos é como vos expresades (vocabulario, puntuación, ortografía, etc.). Procurade escribir con frases curtas e palabras sinxelas (pero non coloquiais); evitade a sintaxe complicada e as oracións moi longas.

luns, 4 de outubro de 2010

LATÍN I: MATERIA DADA NA CLASE DE LUNS 5 DE OUTUBRO

Na clase de hoxe luns 5 outubro fixémo-las lecturas das páxinas 7 a 9 do libro de texto e mais tódolos exercicios da páxina 7 e ata o 6 da páxina 8 do libro de exercicios.
Lembrade, os/as alumnos/as que hoxe faltastes a clase, que debedes facer isto pola vosa conta para poderdes estar ó mesmo nivel có resto.

GREGO I: PROBA ESCRITA SOBRE O ALFABETO GREGO

Lembrade que mañá martes 5 de outubro faremos unha proba escrita na que teredes que demostrar que sabéde-las letras gregas, maiúsculas e minúsculas, e mailos seus nomes.