mércores, 27 de xaneiro de 2010

GREGO I: MODIFICACIÓN DATA 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

Comunícase ás alumnas de Grego I que a 1ª parte do 2º parcial da 2ª avaliación hase realizar xoves 18 de marzo, por se-lo venres 19 día festivo.

CCL: Material clase venres 29 de xaneiro.

Lémbrase ós/ás alumnos/as de Cultura Clásica de 4º de ESO que é preciso que traian a clase o libro de texto o vindeiro venres 29 de xaneiro, para que poidan inicia-la elaboración da actividade obrigada nº 11 (véxase o contido no foro).

mércores, 13 de xaneiro de 2010

LATÍN II: AFORISMOS E FRASES LATINAS

Infórmase ós/ás alumnas de Latín II de que para o 1º parcial da 2ª avaliación (previsto para o xoves 4 de febreiro) xa entrará o último grupo de aforismos e frases latinas (dende "non plus ultra" ata o final). Ó igual ca na 1ª avaliación, os/as alumnos/as deberán presentar por escrito un exercicio consistente en utilizar cada un deses aforismos e frases latinas nun contexto axeitado. Prégase que os exemplos sexan claros. O traballo hase presentar escrito a man, será individual, e a data tope de entrega será o xoves 4 de febreiro.

Lémbrase que a listaxe de topónimos entra completa. 

luns, 11 de xaneiro de 2010

LATÍN II: Test de lectura do Anfitrión de Plauto

Infórmase ós/ás alumnos/as de que o test da lectura Anfitrión de Plauto se realizará o venres 12 de febreiro. Lémbrase ós/ás alumnas que esta é a última lectura obrigada do curso.

LATÍN II: ENTREGA RESUMO + PRESENTACIÓN SOBRE A ORATORIA

Infórmase ós/ás alumnos/as de que o vindeiro venres 22 de xaneiro é a data límite para a entrega dos resumos e presentacións da oratoria latina.

Lémbrase tamén ós/ás alumnas que non subiron aínda as presentacións do tema de historiografía ó SLIDESHARE que o fagan antes de que remate esta semana.

LATÍN II: TEST DA LECTURA DE ORATORIA

Lémbrase ós/ás alumnos/as que o vindeiro martes 19 de xaneiro realizarase o test da lectura de oratoria (breves discursos de Calgaco e Agrícola tomados do Agrícola de Tácito).

CULTURA CLÁSICA 4º ESO: POSTA Ó DÍA EN ACTIVIDADES

Por favor, dende a vosa páxina web mirade o estado das tarefas e poñédevos ó día. Lembrade que a data máxima para manda-la actividade 009 é xoves 14 de xaneiro. Recordade que os requisitos da actividade 009 están especificados no foro.