xoves, 28 de outubro de 2010

CCL: PROBA PRÁCTICA DE USO DO IMPRESS

O vindero mércores, 3 de novembro, habemos explica-lo uso das notas nunha presentación, algunhas cousas sobre os fondos, etc. e repasaremos rapidamente todo o visto ata agora no IMPRESS para pasarmos, se hai tempo, á explicación do uso do SLIDESHARE. 

O mércores 10 de novembro faremos unha proba práctica na aula sobre o uso do IMPRESS, para que demostréde-lo que aprendestes na clase. A proba consistirá no seguinte:
  • antes do mércores 10 de novembro elaboraredes unha presentación básica no modo esquema, cos contidos vistos na aula sobre Roma. O nome do arquivo será PROBA_IMP_(O VOSO NOME). Este arquivo debe ter, polo menos, 4 diapositivas (cantas máis mellor), pero só texto.
  • subiredes esta presentación ó cartafol PROBA_IMPRESS no cartafol CCL de BSCW.
  • O mércores 10 de novembro, na aula, baixaredes este arquivo e na aula engadiredes, polo menos:
    • un esquema inicial con figuras e frechas
    • ligazóns internas, que leven dende esas figuras á diapositiva na que se desenvolven eses contidos.
    • cada páxina debe ter, polo menos, unha ligazón interna para volver ó esquema inicial. 
    • ligazóns externas, que leven a páxinas que dean máis información ou a mapas.
  • Unha vez rematado o exercicio, volveredes subi-lo arquivo ó cartafol de BSCW.


Ningún comentario: