luns, 31 de maio de 2010

LATÍN II: CLASES DO MES DE XUÑO

O horario establecido polo centro para as clases de preparación de selectividad de Latín II é os xoves 03 e 10 de xuño a 1ª hora (08:30). Na sesión de xoves 03 de xuño a programación de aula é a seguinte:

1.remata-la corrección do texto pendente da última sesión.
2.seguir coa tradución do texto 31 de Eutropio.

Durante as tres primeiras semanas de xuño, agás mércores, o resto dos días o profesor segue estando á disposición dos/as alumnos/as na hora de clase. Tamén estou a vosa disposición a través do correo electrónico, onde me podedes deixar traducións para corrixir ou expoñer dúbidas.

Finalmente, prégase que, se algún de vos non vai vir este xoves, mo comuniquedes.

Ningún comentario: