xoves, 17 de decembro de 2009

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN

Debido a que o día 16 de decembron as clases foron suspendidas en todo o territorio de Galicia, e que as alumnas de Latín I non asistiron a clase o xoves 17 por estaren nunha actividade extraescolar, non se pode realizar a 2ª parte do 2º parcial da 1ª avaliación antes da sesión de avaliación, que se celebrará hoxe 17 pola tarde. Así pois este departamento decide:

1. que as cualificacións que aparecerán no boletín hanse establecer segundo a seguinte fórmula: [(cualificación 1º parcial)+(cualificación 1ª parte do 2º parcial x 2)]/3.

2. que a segunda parte do segundo parcial da 1ª avaliación hase realizar luns 21 de decembro na hora de clase.

3. que a cualificación da 1ª avaliación válida será a que resulte da aplicación da fórmula establecida na programación sobre a totalidade do 2º parcial.

Ningún comentario: