domingo 15 xuño 2014

LATÍN I CONTIDOS EXAME SETEMBRO CURSO 2013-14

ASUNTO: Exame de setembro de Latín I
ESTADO: Provisional

Os/as alumnos/as que suspendan a materia de Latín I en xuño terán que facer unha proba de recuperación en setembro que poderá constar das seguintes partes:

  • apartado de morfoloxía nominal e verbal. 
    • Os contidos e o modelo de exame poderán ser os mesmos cós da 3ª avaliación, pero caben pequenas modificacións de detalle. 
    • Os criterios de avaliación serán os mesmos, precisándose un 80% da puntuación total para o poder aprobar.
    • Ligazóns aos modelos:
  • apartado de PENSA. Os/as alumnos terán que preparar os pesa A e B dos capítulos XII a XV, ambos incluídos.
  • apartado de tradución. Os/as alumnos/as traducirán un fragmento de texto do nivel dos capítulos XIV-XV do libro de texto.
  • apartado de lecturas. Os/as alumnos/as terán que facer durante o verán os cuestionarios de lectura dos libros de Eutropio que non fixeron durante o curso, tendo en conta:
    • que deben superar, como mínimo, 4 dos cuestionarios
    • que se deben facer por vía telemática. As ligazóns estarán dispoñibles dende a aplicación EDMODO e máis neste taboleiro (pincha aquí para ires aos cuestionarios)
MOITO IMPORTANTE: non todos/as os/as alumnos/as terán que recuperar todos os contidos da materia. Cada alumno/a levará unha breve descrición por escrito dos contidos a recuperar e das partes do exame a facer.

venres 30 maio 2014

GREGO I : EXAME TRADUCIÓN (contidos e data)

ASUNTO: CONTIDOS EXAME DE TRADUCIÓN DE GREGO I
ESTADO: REVISADO (pendente)

O exame de tradución será semellante aos realizados durante o presente curso, incluíndo, polo tanto, oracións e textos traballados na aula.

  • Oracións: os/as alumnos/as deben preparar as seguintes oracións:
    • px. 151, ex. 1, oración b)
    • px. 150, ex. 1, oración a)(até πομπήν)
    • px.145, ex. 6, oración b)
    • px. 143, ex. 1 (o primeiro), oracións a) e b)
    • px. 137, ex. 4, oración a)
    • px. 131, ex. 4, oración a)
    • px. 129, ex. 1, oración a)
  • Textos: os/as alumnos/as deben preparar os seguintes textos:
    • txt. da px. 158
    • txt da px. 144
    • txt. da px. 130

O exame consistirá na análise morfolóxica e sintáctica de 4 oracións e a tradución de dous breves fragmentos dos textos sinalados.

DATA: venres 20 de xuño de 2014 a 3ª hora

domingo 18 maio 2014

LATÍN I: MODELO EXAME MORFOLOXÍA

Velaquí os modelos de exame de morfoloxía nominal e verbal que vos propoño para mércores 4 e luns 9 de xuño. Estes modelos podería sufrir algunha pequena modificación.


  • Exame morfoloxía nominal.


xoves 15 maio 2014

MODELO EXAMEN LENGUA ESPAÑOLA 3º ESO


  • ASUNTO: Examen de lengua española
  • CONTENIDO: lecciones 6 y 7 del libro de texto
  • FECHA : miércoles 21 de mayo.

mércores 14 maio 2014

GRAOS DO ADXECTIVO

Esquema explicado na aula o mércores 14 de maio de 2014.